


OBXECTO DO CURSO
Capacitar aos profesionais da edificación no manexo dos programas informáticos de referencia relacionados coa eficiencia enerxética: LIDER, CALENER VYP E CALENER GT, mediante métodos experimentais e resolución de casos prácticos
DIRIXIDO A
- Profesionais relacionados co deseño e verificación de sistemas relacionados co consumo de enerxía en edificación, particularmente arquitectura, sistema de climatización, iluminación e enerxías renovables.
- Estudantes de últimos cursos e posgrao en Escolas de Enxeñerías (Superior e técnica) e Arquitecturas (Superior e técnica).
REQUISITOS PARA A ADMISIÓN
- Dereitos de inscrición: 60 €
- Dispor dun ordenador portátil que cumpra os requirimentos asociados ao uso dos programas de referencia(*)
- Acreditar mediante CV actualizado os coñecementos indicados anteriormente.
CALENDARIO DE IMPARTICIÓN
O curso constará de 36 horas lectivas e será impartido en diversas cidades de Galicia en 9 xornadas de tarde (16:00 a 20:00), nos lugares indicados a continuación (pendentes de confirmación):
| CIDADE | IMPARTICIÓN | PREINSCRICIÓN |
| Santiago de Compostela | 20/04 ao 06/05 | 05/04 |
| Vigo | 04/05 ao 20/05 | 19/04 |
| A Coruña | 18/05 ao 03/06 | 03/05 |
| Ourense | 25/05 ao 10/06 | 10/05 |
| Pontevedra | 01/06 ao 17/06 | 17/05 |
| Lugo | 08/06 ao 24/06 | 24/05 |
| Ferrol | 15/06 ao 01/07 | 31/05 |
| Santiago de Compostela só Técnicos da Administración |
22/06 ao 08/07 | 07/06 |
| Santiago de Compostela só Técnicos da Administración |
29/06 ao 15/07 | 14/06 |
Tratarase de respectar ao máximo as datas indicadas. Por motivos técnicos ou organizativos, as datas poderían ser modificdas. Neste caso, informarase a través da páxina web e por correo electrónico aos
inscritos, sempre antes das datas límite indicadas para a preinscrición.
PROGRAMA DO CURSO
Módulo 1: Presentación e xeneralidades
Módulo 2: Programas LIDER e CALENER VYP
Módulo 3: Programa LIDER GT
Módulo 4: Medidas experimentais
Módulo 5: Caso práctico
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN
A preinscrición no curso realizarase cubrindo o "Formulario de Preinscricion" adxunto nesta web e achegando o CV ao seguinte e-mail: natalia.alonso@es.bureauveritas.com
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción, até un máximo de 25, sempre que se reúnan os requisitos necesarios. Non serán seleccionados aqueles alumnos dos que non se recibiu os seus CV antes de prazo límite de preinscrición.
Alternativamente, poderanse enviar por fax (981 269 592) este formulario de preinscrición recheo, achegando os CV. A data de prioridade virá dada neste caso pola hora de recepción correcta do fax.
A relación dos alumnos admitidos pecharase dentro da semana de fin do prazo de preinscrición. Enviarase un correo electrónico (ou fax na súa falta) aos admitidos, indicándolles o número de conta do INEGA onde deberán facer efectivo o abono dos dereitos de inscrición nun prazo máximo de 2 días.A inscrición definitiva no curso realizarase unha vez recibida en Bureau Veritas a copia do ingreso bancario polo abono destes dereitos. Os alumnos deberán acudir ao curso provistos do correspondente ordenador portátil preparado para a instalación dos programas de referencia.
(*) Requisitos recomendados:
- Sistema operativo MS-Windows XP
- Microprocesador Pentium IV a 3 GHz ó Pentium IV mobile a 1,5 GHz
- 1 GB de memoria RAM
- 200 MB de espazo en disco duro
- 256 MB de memoria vídeo
- Lector de CD-ROM ó conexión USB